Formulario

Nesta paxina explicaremos o funcionamento do formulario Equipos, o formulario principal do noso proxecto e dende o que se controlan os demais formularios. Debido a esto, o formulario Equipos é o único punto de contacto entre o usuario e o programa polo que debe de quedar ben claro o seu funcionamento e todo o que se pode facer nel. Agora pasaremos a explicalo punto por punto.

Este é o formulario Equipos:


Como vedes está dividido en numeros para facilitar a explicacion das suas funcions; na realidade eses numeros non apareceran.

Información que aparece no formulario:

Apartado (1):
Neste apartado aparece a informacion do equipo que está seleccionado nese momento, como o nome, a camiseta, a categoria na que xoga,o patrocinador, o encargado e o número de teléfono.

Apartado (2):
Aquí aparecen os xogadores que pertencen a dito equipo

Apartado (3):
No apartado 3 mostranse os horarios de entrenamento asi como os pavellons nos que se realiza.
Cabe recordar que toda esta informacion é a relacionada co equipo mostrado no apartado (1)

Apartado (4):
Aquí mostranse os distintos Técnicos deste equipo asi como a súa función dentro do equipo

Apartado (5):
En Competicions aparece a información das Competicións nas que participou o equipo, partidos gañados, perdidos, posto final, etc.

Funcions E Modo De Emprego Dos Botóns:

Apartado (6):
O boton Editar Xogador, como o propio nome indica, serve para editar a información dun xogador dese equipo. Primeiro debese seleccionar o xogador que queremos editar no Apartado (2)

Despois diso facemos click no Botón e apareceranos o cuadro para poder editalo:



Apartado (7):
Este botón centrase na confección do quinteto inicial do equipo e en modificalo o seu gusto.
O pulsar sobre el aparecerá unha sinxela "pizarra" na que poderá mosificar a alineacion o seu gusto:





Apartado (8):
Este boton imprime a alineación titular coma na pizarra táctica, ademais dos nomes de todolos xogadores do equipo e se xogan de titulares ou non:


Apartado (9):
Este botón permite ver as estadisticas de calquera xogador. Só ten que seleccionar o seu nome e facer click:

Logo apareceralle unha mensaxe por se quere imprimir as estadisticas de todolos xogadores ou so do seleccionado:


Por último so ten que escoller a opcion que desexe, nos mostramoslle de exemplo as estadísticas de un só xogador seleccionado:




Apartado (10):
Este botón ten o mesmo funcionamento que o de Editar Xogador [Apartado (6)] ca única diferencia que en lugar de seleccionar un xogador debemos selccionar un tecnico; Apartado (4):
Xa so queda facer click no botón e xa poderemos editar o tecnico que queiramos:


Apartado (11):
Aquí poderemos modificar os entrenamentos do noso equipo. Primeiro selecciónase que entrenamento se quere modificar no Apartado (3):
E despois pulsamos no botón e xa nos aparecerá a interfaz para poder modificalo:



Apartado (12):
Este botón permitenos imprimir os horarios dos entrenamentos do equipo seleccionado ou de todos os equipos xestionados. O pulsar sobre el preguntaranos se queremos imprimir tódolos horarios ou só o do equipo seleccionado:


Agora deberá elixir o que desexe facer, nos porémoslle como exemplo os horarios de todolos equipos:


Apartado (13):
Neste botón poderá ver a información sobre todos os pabellóns nos que entrenen os equipos. Nome, dirección, teléfono e nome do responsable de cada un deles aparecerán detallados con este botón:


Apartado (14):
No apartado Ver Jornadas poderá ver a evolución do equipo na competición que elixa no Apartado (5):


Agora só ten que pulsar no botón e apareceralle un subformulario no que pode facer varias cousas:

A maior parte do subformulario ocupano o resumo dos partidos disputados polo equipo pero na parte superior aparecen tres botóns interesantes.

Boton (1) - Imprimir:
Con este botón pode imprimir a información que aparece debaixo del; o resumo das xornadas

Boton (2) - Estadisticas Individuales:
Aquí poderá acceder as estadísticas de cada xogador do equipo nun partido seleccionado.
Só ten que seleccionar un partido: 


E facer click no botón para ver as estadísticas ou imprimilas:


Botón (3) - Imprimir Acta Do Partido Con Estadísticas:
Este botón é moi útil xa que permite imprimir directamente a acta do partido seleccionado con tódolos datos; resultado, rival, arbitro, número de xornada,etc, tan só facendo un click, sendo o resultado o seguinte:


Apartado (15):
Con este botón poderá ver o resumo da liga seleccionada no Apartado (5) con tódolos partidos, os resultados, os árbitros,etc:


Apartado (16):
Elimina tódolos datos do equipo que estea seleccionado.
PRECAUCIÓN: Se borra os datos dun equipo non poderán ser recuperados. Penseo ben antes de usar este botón e cree copias de seguridade desta base de datos para evitar perdidas non desexadas.

Bueno e aquí remata a explicación do funcionamento do Formulario.
Esperamos que quedara ben claro o seu funcionamento